Qué é un PXOM?

Qué é un PXOM?

Un PXOM, siglas de Plan Xeral de Ordenación Municipal, é o instrumento de ordenación urbanística do territorio que empregamos para definir as liñas básicas de desenvolvemento dun concello de cara ao seu futuro.
No caso do Concello de Bergondo, comezaremos a traballar sobre un documento no que se debuxa o modelo de vila e máis do territorio municipal, analizándoos en termos de vivenda, mobilidade (peonil, ciclista, motorizada), espazo público, rehabilitación económica, usos do solo, infraestruturas, redes de equipamentos, etc. Tendo presente en todo momento e priorizando de modo especial, valores tan necesarios coma o equilibrio, a sostenibilidade e a harmonía có entorno.

Documentación>


Contacto

Contacta

Con este formulario, a través de presentacións nas diferentes parroquias, ou enviando dúbidas e propostas á dirección de correo info@bergondoparticipa.es e as redes sociais (Facebook e Twitter) postas en marcha, o equipo técnico será quen de recibir e avaliar as achegas da veciñanza, ao mesmo tempo que poderá ir informando dos avances na redacción do Plan.