Novas

PRESENTACIÓN PÚBLICA DO BORRADOR E DIE DO PXOM

O Concello de Bergondo convoca a toda a cidadanía á presentación pública do Borrador de Plan e do Documento Inicial Estratéxico o vindeiro venres 8 de setembro ás 20:00 horas no Centro Cultural A Senra.

O obxectivo da presentación é dar a coñecer as primeiras liñas estratéxicas, o por que das decisións tomadas e sobre todo compartir as inquedanzas da veciñanza en canto ao futuro urbanístico do municipio.



PRESENTACIÓN PÚBLICA DO BORRADOR E DIE DO PXOM

O Concello de Bergondo convoca a toda a cidadanía á presentación pública do Borrador de Plan e do Documento Inicial Estratéxico o vindeiro venres 8 de setembro ás 20:00 horas no Centro Cultural A Senra.

O obxectivo da presentación é dar a coñecer as primeiras liñas estratéxicas, o por que das decisións tomadas e sobre todo compartir as inquedanzas da veciñanza en canto ao futuro urbanístico do municipio.



Presentación da Información Territorial e das liñas estratexias

O pasado 18 de xullo o equipo redactor do PXOM presentou na Senra a súa diagnose Territorial do Concello coa proposta de Liñas estratéxicas para o futuro documento de planeamento municipal.
O auditorio contou coa presenza de mais de 120 persoas do municipio e xerou un amplo e interesante debate do que tomou nota o equipo redactor do plan nunha sesión que se prolongou mais de 3 horas. #Bergondo Participa!
Deixámosvos tamén o pdf das presentacións no facebook de Bergondo Participa, para que todas as persoas interesadas poidan consultalo.
Gracias a todas pola vosa participación



Presentación do proceso do PXOM en Cortiñán

O xoves 14 de xullo as 19:00 horas tivo lugar a presentación do proceso de elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) no centro social de Cortiñán e nela se presentaron o estado dos traballos realizados durante o último ano.




Presentación do proceso do PXOM en Santa Marta de Babío

O mércores 13 de xullo, tivo lugar a presentación do proceso de elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) no centro social de Santa marta de Babío as 19:00 horas.
O encontro, que tivo unha interesante participación da veciñanza da parroquia, contou coa intervención da alcaldesa do concello, Alejandra Pérez Máquez, e nela se presentou o estado dos traballos realizados durante o último ano.



Presentación do proceso do PXOM en Vixoi

Dentro do proceso de elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) realizouse o pasado día 11 unha presentación do estado dos traballos realizados durante o último ano no centro social de Vixoi as 19:00 horas, cunha interesante participación da veciñanza da parroquia.
A presentación contou coa intervención da alcaldesa do concello, Alejandra Pérez Máquez.



Presentación do proceso do PXOM en Guísamo

O pasado venres 8 de xullo as 19:00 horas tivo lugar a presentación do proceso de elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) no centro social de Guísamo. Nela se presentaron o estado dos traballos realizados durante o último ano.
O encontro contou cunha participación de mais de 25 veciñas e veciños da parroquia e nela interviu a alcaldesa do concello, Alejandra Pérez Máquez.



Presentación do proceso do PXOM en Bergondo

O xoves 7 de xullo as 19:00 horas tivo lugar a presentación do proceso de elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) no centro social de Bergondo e nela se presentaron o estado dos traballos realizados durante o último ano.
O encontro contou cunha numerosa representación veciñal da parroquia e coas intervención da alcaldesa do concello, Alejandra Pérez Máquez e do arquitecto municipal, Roberto Chao.



Presentación do proceso do PXOM en Ouces

Onte, mércores 6 de xullo, tivo lugar a presentación do proceso de elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) no centro social de Cangas (Ouces) as 19:00 horas.
O encontro, que tivo unha importante participación da veciñanza da parroquia, contou coas intervención da alcaldesa do concello, Alejandra Pérez Máquez e do arquitecto municipal, Roberto Chao; e nela se presentou o estado dos traballos realizados durante o último ano.



Presentación do proceso do PXOM en Lubre

Dentro do proceso de elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) realizouse o pasado día 4 unha presentación do estado dos traballos realizados durante o último ano no centro social de Lubre as 19:00 horas, cunha nutrida participación da veciñanza da parroquia.
A presentación contou coas intervención da alcaldesa do concello, Alejandra Pérez Máquez, e do arquitecto do concello, Roberto Chao.



Nova rolda de presentacións do proceso de elaboración do PXOM

A elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) entra nunha nova etapa, na que a participación cidadá cobrará unha maior importancia. Por ese motivo dende o equipo coordinador do Plan convidamos a toda a veciñanza a unha rolda de presentacións, nas que se presentará o traballo realizado durante o último ano.

Estas presentacións tamén terán como obxectivo aumentar a participación nas parroquias, fomentando a implicación da veciñanza na Comisión Territorial de Seguimento do PXOM.

As presentacións terán lugar nos diferentes locais sociais das parroquias, ás 19:00h. segundo o seguinte calendario:
- Centro social de Lubre: Luns, 4 de xullo, ás 19:00
- Centro social de Cangas: Mércores, 6 de xullo, ás 19:00h.
- Casa da cultura (Bergondo): Xoves, 7 de xullo, ás 19:00h.
- Centro social de Guísamo: Venres, 8 de xullo, ás 19:00h.
- Centro social de Vixoi: Luns 11 de xullo, ás 19:00h.
- Centro social de Santa Marta de Babío: Mércores, 13 de xullo, ás 19:00h.
- Centro social de Cortiñán: Xoves, 14 de xullo, ás 19:00h.
- Centro social de Fiobre: Venres, 15 de xullo, ás 19:00h.

Unha vez rematada esta rolda de presentacións, o día 18 de xullo, tamén ás 19:00h., no edificio da Senra, terá lugar unha segunda asamblea na que o equipo redactor do Plan fará unha exposición detallada do traballo feito ata o momento.

Convite ás presentacións Xullo 2016



NOVA ROLDA DE XUNTANZAS DAS COMISIÓNS POLÍTICA, TERRITORIAL E TEMÁTICA DO PXOM

O pasado día 22 de febreiro tuvo lugar unha nova rolda de xuntanzas das Comisións Política e Territorial de Coordinación e Seguimento do PXOM.

A modo de resumo, preséntanse a continuación as principais achegas e conclusións de cada unha delas.

ACTA DA COMISIÓN POLÍTICA 22.02.2016

6 persoas asistentes, en representaciónde todos os grupos políticos: PSOE; PP; Veciños de Bergondo e SON.

REFLEXIÓNS E NECESIDADES EXPOSTAS:
· Pregúntanse sobre os trámites a seguir para a realización da primeira fase do PXOM, Borrador e DIE.
· Advírtese da necesidade de valorar o impacto das crecidas dos ríos Miodelo e Maior.

ACTA DA COMISIÓN TERRITORIAL 22.02.2016

8 persoas asistentes, en representación veciñal das parroquias de Bergondo; Lubre; Moruxo; Ría do Pedrido; Vixoi e Cortiñán.

REFLEXIÓNS E NECESIDADES EXPOSTAS:
· Pídese que se envíen enlaces á documentación que se expón na presentación: Catálogo da paisaxe, Guía de Boas Prácticas para a Intervención nos Núcleos Rurais, Plan de ordenación do Litoral:

POL: http://www.xunta.es/litoral

Guía dos núcleos rurais: http://www.cmati.xunta.es/seccion- organizacion/c/Instituto_Estudos_Territorio?content=Direccion_Xeral_Sostibilidade_Pai saxe/Paisaxe/seccion.html&std=guia_nucleos_rurais.html&sub=guias-metodoloxicas

Catálogo da paisaxe: http://www.cmati.xunta.es/seccion- organizacion/c/Instituto_Estudos_Territorio?content=Direccion_Xeral_Sostibilidade_Pai saxe/Exposicion_publica_catalogo/seccion.html&std=Introduccion.html

· Saliéntanse moitas zonas de muros antigos en Vixoi, Quianta de Tortón e Villa Julia.
· Expónse inquietude polas persoas que traballan da agricultura. Pídese a potenciación da agricultura ecolóxica como medio de traballo, sendo un lugar Bergondo de especial valor para a horta.
· Plantéxase a posibilidade de formación de bancos de terra.
· Hai que coñecer para que é boa cada solo.
· Traballar os pasos a nivel ferroviarios e da AP-9.
· Indícase que no pazo de Aldao hai unha torre alto medieval que unha vivenda destruíu en parte.
· Índicase a situación de Fontes da Saúde no entorno do Polígono.
· Existe un terreo que un veciño cede para a realización dun xeriátrico sen indicar onde nen a situación urbanísitca. Na zona de Sanín.
· Fálase que existen problemas coa web do proceso e coa chegada dos mails para poñer en coñecemento da empresa que está a realizar este servizo. Tamén pregúntase por certos contidos que están ben no facebook, ben na web pero no en ambos.
· Pregúntase pola situación dos núcleos de Cortiñán e a posibilidade de amplialos ao estar suxeitos a unha concentración parcelaria.
· Plantéxase a necesidade de que se realiza un estudo mais profundo cos veciños de cada parroquia
· Os veciños de Lubre van mandar unha serie de propostas.

A partires desta reflexión, noméanse as seguintes NECESIDADES:

· Pídese un gran parque para todo o concello, un espazo de lecer. Valóranse como emprazamentos posibles Montecelo, Santa Marta de Babío e en Rois, na zona do Xaralleira.
· Exponse que o planeamento ten que dar cabida a unha agricultura ecolóxica.
· Con respecto ao proceso de participación plantéxase a necesidade de continuar co mesmo nas diferentes parroquias explicando o plan e recollendo a opinión da veciñanza,
· Exponse que existe unha mobilidade moi reducida nos núcleos. É preciso estudiala e traballala mais.

Por medio dos seguintes enlaces tamén poderedes revisar as presentacións realizadas polo equipo técnico nas diferentes Comisións:
Presentación do Plan Xeral:
https://drive.google.com/file/d/0B9u4mGJSSzx9SVhTZTJGMDF2MkU/view?usp=sharing
Análise do Modelo de Asentamento Poboacional:
https://drive.google.com/file/d/0B9u4mGJSSzx9N2xBX3FvdGZvYnc/view?usp=sharing

ACTA DA COMISIÓN TEMÁTICA 23.02.16

6 asistentes, en representación do CEIDA; SEPRONA; GDR As Mariñas – Betanzos; Reserva da Biosfera Terras do Mandeo; Veciños de Cortiñán.

REFLEXIÓNS E NECESIDADES EXPOSTAS:

_SOBRE PATRIMONIO
· Hai un mestre no Cruz do Sar que ten traballado sobre o patrimonio histórico co que sería interesante contactar.
· Existen árbores senlleiras en xardíns non inventariadas e na igrexa parroquial de Rois.
· As mámoas e castros non se atopan actualmente ben localizados.

_SOBRE USOS E AGRICULTURA
· Debátese sobre cal sería a mellor maneira de establecer e estudar os usos no territorio. Por parroquias, por unidades da paisaxe ou por outras.
· Existe unha grande importancia da horta ecolóxica no concello, con distribuidores próximos como GADISA.
· Existen problemas de acceso a terra, xa que non se rendan ou venden.
· Existe unha DO de viño de Betanzos.
· Existen cultivos destacables como o mazá de Cortiñán e Lubre, Repolo nas Angustias, plantón, etc., e agricultores que baixan a plantar millo pola alta rendibilidade da terra.
· Crear un circuito de proximidade con mercado en Guísamo.

_SOBRE MEDIO AMBIENTE
· A autoestrada é un elemento de expansión de plantas invasoras. É preciso un estudo de ruído na mesma que non se fixo e tamén de riscos derivados na mesma en caso de accidentes.
· Grande importancia de diversas fontes e mananciais como Fonte Franza que cómpre valorizar. Os mananciais non están protexidos e son a cotío captacións veciñais. Nestes ámbitos non deberían haber eucaliptos. Destacar a importancia das brañas e fragas asociadas a estas nacentes.
· Hai numerosos pozos non inventariados en moitas vivendas.
· Pregúntase se hai parcelas dadas de alta para verter lodos procedentes da depuradora.
· A costa atópase erosionada pola vexetación de eucaliptos que é preciso substituír por outra mais baixa e adaptada.
· Sería interesante limitar as plantacións nas zonas mais altas para poder ver a costa nestes espazos de mirador.
· As parcelas adicadas a montes son moi pequenas.
· Salientar o papel dos bosques de ribeira.
· O solo de Bergondo ten un potencial edáfico moi alto, un dos mais elevados de Galicia. É preciso telo en conta.
· Existen estudos de productividade do solo da USC.
· Ao estar nunha reserva da Biosfera, buscar o valor potencial do territorio, as zonas núcleo, en rede natura e os espazos tampón co resto do territorio. Incrementar as zonas núcleo con lugares de interese local. Identificar espazos de costa para súa inclusión como espazos de interese local.
· Preguntar no instituto Parga Pondal por formacións de bosques fósiles do terciario e por conos torrenciais fósiles.
· Recuperar ambientalmente o polígono de Bergondo. Mellorar e ampliar a depuradora do polígono. Estudar a mobilidade no polígono cunha xerarquía viaria.
· Atopar espazos de consenso para a depuradora de Gandarío.
· Existen planimetrías no Arquivo do reino de Galicia.



Nova rolda de xuntanzas das Comisións de Seguimento e Coordinación do PXOM

Os próximos días 22 e 23 de febreiro terá lugar a terceira rolda de xuntanzas das Comisións de Seguimento e Coordinación do PXOM: política, territorial e temática.

Nesta ocasión, e xunto co equipo técnico a cargo da redacción do plan, revisaremos o modelo de asentamento poboacional e o estudo do medio rural realizados como parte do Borrador do Plan.

O luns día 22, a partir das 19:30, na Casa da Cultura, terá lugar a Comisión Territorial, coa presencia de persoas das diferentes parroquias do concello, mentras que os martes 23, no mesmo horario, será o turno da Comisión Temática.

Invitación Comisión TerritorialInvitación Comisión Temática



Acta da Comisión Temática celebrada o 19 de xaneiro do 2016

8 persoas asistentes, en representación do COAG e outros arquitectos locais; xestión inmobiliaria; enxeñeir@s; Asociación de amas de casa; Asociación de Veciños de Cortiñán; exconcelleiros.

Relación de reflexións e necesidades expostas en diferentes ámbitos:

NO ÁMBITO DA VIVENDA:
· A propiedade atópase moi repartida polo concello. A xente non obstante emigra a Betanzos e a Sada porque o solo de núcleo rural actual non é suficiente.
· Hai que mellorar os núcleos e potencialos. Non é necesario facer novas bolsas de solo “ex novo” senón “pechar” núcleos existentes.
· É preciso buscar novas fórmulas de vivendas intermedias de propiedade individual e pequenos xardíns para que a xente nova non teña que marchar do concello.
· Hai que buscar a calidade de vida no concello: posibilidade de ter unha vivienda digna e asequible con acceso a servizos próximos.
· As parcelas son moi caras porque hai moita xente que non ten necesidade de vender.
·Falla de mercado inmobiliario.
· Guísamo e San Cidre-Carrio son núcleos ideais para poder consolidalos.
· Cómpre acondicionar os espazos para a xente maior.

NO ÁMBITO DA MOBILIDADE
· Hai problemas para atravesar a estrada N-VI en Cortiñán, con varios mortos.

NO ÁMBITO DO COMERCIO
· A dispersión é un problema, xa que a xente busca a concentración de servizos que posúen as vilas como Betanzos.
· Non hai aparcamentos nas zonas comerciais do concello (como en Guísamo)

EN RELACIÓN ÁS ZONAS INDUSTRIAIS
· Hai que buscar unha unión entre o polígono de Bergondo e o de Espíritu Santo.
· De ampliar o polígono, mellor buscando parcelas mais pequenas, que son as que mais se demandan actualmente (400-200m2)



Segunda rolda de xuntanzas das Comisións de Seguimento e Coordinación do PXOM

O pasado luns día 18 tiveron lugar as segundas xuntanzas das Comisións de Seguimento e Coordinación do PXOM; neste caso, as persoas integrantes da Comisión Política e da Territorial tiveron ocasión de revisar en detalle a análise do tecido residencial e do sector económico do concello, parte da diagnose que está a ser realizada polo equipo redactor.

A continuación deixámosvos un resumo das principais achegas:

ACTA DA COMISIÓN POLÍTICA 18.01.2016

6 asistentes, en representación de todos os grupos políticos: PSOE; PP; Veciños de Bergondo; SON.

Relación das principais reflexións e necesidades expostas:
· Exponse a necesidade de estudar a unión entre os polígonos de Bergondo e do Espíritu Santo e comunicar coa vía Ártabra e a autoestrada. Precísanse parcelas mais grandes.
· O comercio atópase moi disperso nos diferentes núcleos.
· Hai focos de comercio en Guísamo, Carrio, Gandarío, Tatín, etc.; pero non son cómodos para a xente. Hai que transformar as vías principais como a N-VI en vías urbanas para favorecer o comercio.

ACTA DA COMISIÓN TERRITORIAL 18.01.2016

7 persoas asistentes, en representación das parroquias de Bergondo, Lubre, Moruxo (Ría do Pedrido) e Vixoi.

As persoas representantes da parroquia de Bergondo entregan información e documentación sobre os espazos libres, patrimonio e equipamentos da parroquia de Bergondo.

Relación das principais reflexións e necesidades expostas:
· Exponse a necesidade de recuperar para uso público a Casa Cortés, en Guísamo, agora en ruínas.
· Exponse a idea de que o concello de Bergondo non mira ao mar. Está na reserva da biosfera, ten espazos como Gandarío pero toda a costa está infrautilizada e mal deseñada.
· En Vixoi o solo industrial está moi perto un do outro e non hai solo residencial.
· A xente nova ten que marchar da vila por falla de vivenda a prezos asequibles e marchan a apartamentos a Betanzos ou Sada, con prezos mais axeitados ás súas posibilidades.
· A xente busca a concentración de servizos e comercios que posúen as vilas de Betanzos e Sada, polo que a posibilidade de aparición de comercio no concello e máis complicada. Hai que competir cos outros concellos ofrecendo zonas verdes e grandes espazos de lecer.

A partires destas reflexións, noméanse as seguintes propostas:
· Estudar os antigos camiños que unían Bergondo co camiño de Santiago.
· Desenvolver a fronte marítima para atraer un turismo do lecer.
· En relación coa proposta anterior favorecer que moitas segundas residencias que existen actualmente pasen a ser primeiras residencias.
· Unificar o solo industrial que se atopa esparexido pola parroquia de Vixoi e eliminar estes pequenos solos industriais que se atopan moi separados uns de outros.
· Procurar áreas de construción en todas as parroquias de xeito que todas poidan crecer de xeito proporcional ao seu número de habitantes.
· Crear edificación colectiva, mais económica, para que haxa vivienda para a xente xove das parroquias.



Acta da Comisión Temática "Bergondo Participa"

O pasado 15 de decembro tivo lugar a primeira reunión da Comisión Temática de Seguimento do PXOM de Bergondo. A continuación deixámosvos un resumo das principais achegas:

ACTA DA COMISIÓN TEMÁTICA 15.12.2015

6 asistentes, en representación dos Servizos Sociais do Concello de Bergondo, a ANPA do CPI Cruz do Sar, o Periódico dixital Actualidad Bergondo e os Servizos de Educación.

Presentamos a continuación a relación das reflexións xurdidas durante o desenvolvemento da sesión en relación ao ámbito da EDUCACIÓN:
· Os CRAs (Centros Rurais Agrupados) son considerados como moi útiles para unha gran parte da poboación, mais para aquelas familias que teñen fillas e fillos en diferentes idades escolares chegan a ser un problema, pola falta de coordinación entre os transportes e pola falta de capacidade destes centros para dispor dun comedor escolar. Neste eido, se solicita aumentar a
capacidade de servizos do CPI Cruz do Sar, de xeito que se convirta nun centro de referencia.
· O polideportivo do Cruz do Sar é pequeno tanto para o número de alumnos como para as actividades extra-escolares que alberga, polo que se fai visible a necesidade dunha reserva de equipamentos nas inmedacións.
· Valorar a posibilidade de anexar zonas verdes ao redor dos CRAs.

NO ÁMBITO DOS EQUIPAMENTOS E ZONAS VERDES:
· Os parques biosaludables están baleiros e están orientados a unha única franxa de idade; necesidade de crear espazos mais interxeneracionais e cunha maior centralidade, procurando que poidan asistir un maior número de persoas.
· Políticas de xénero e conciliación. A modo de exemplo, faltan equipamentos infantís no polígono, onde traballan moitas nais e pais con crianzas de entre 0 e 3 anos. Esta demanda tamén é detectada en relación á parroquia de Guísamo.

NO ÁMBITO DA MOBILIDADE:
· As dúas rutas do transporte escolar transcorren por vías que no teñen capacidade para ese tipo de vehículo o que xera situacións de inseguridade vial.
· Necesidade dun plan de mobilidade sostible e melloras no transporte público.

NO ÁMBITO DA VIVENDA:
· No concello hai unha gran cantidade de vivenda unifamiliar pillada, que non se considera a tipoloxía axeitada para a fixación de población e a acollida de noas familias ou persoas de recente emancipación. Deberá procurarse unha tipoloxía de edificación colectiva accesible e acorde coa baixa densidade do concello.

Para rematar, preséntase os ACORDOS acadados:
· Proporcionase ás persoas representantes de cada entidade un plano (tamaño A1) coa cartografía do concello onde deberán sinalar os equipamentos e as zonas verdes. Na próxima sesión farán chegar ao equipo técnico os erros atopados nesta cartografía; ao mesmo tempo sinalarán aqueles puntos que lles parecen de interese ou que necesitan de melloras, tanto se foron tratados durante a Comisión, como outros que poidan xurdir das reunións coas súas entidades.

No seguinte enlace atoparedes o documento da presentación; soamente tedes que acceder á seguinte dirección:
https://drive.google.com/file/d/0B9u4mGJSSzx9NUxVa3loOWM4dUU/view?usp=sharing



Celebrada a primeira reunión da Comisión Territorial "Bergondo Participa"

O 14 de decembro do pasado ano tivo lugar a primeira reunión da Comisión Territorial de Seguimento do proceso de elaboración do PXOM de Bergondo. A continuación deixámosvos un resumo das principais achegas:

ACTA DA COMISIÓN TERRITORIAL 14.12.2015

7 asistentes, en representación veciñal das parroquias de Bergondo, Guísamo, Lubre, Moruxo e Vixoi.

Presentamos a continuación a relación das REFLEXIÓNS xurdidas durante o desenvolvemento da sesión:
· Existen moitos espazos de xogo infantil e áreas “biosaludables” ao longo do territorio do Concello; avalíanse como algo positivo para unha gran parte da poboación, pola súa dispersión no territorio e consecuentemente pola facilidade de acceso prescindindo de vehículo privado.
· Como punto negativo, obsérvase a falta de masa crítica para o seu uso, o que deriva en espazos que na maior parte de do tempo non son usados.
· Conscientes da dispersión do tecido residencial e da necesidade de relacionarse e complementarse con outros concellos veciños na distribución e uso de grandes equipamentos e áreas de lecer.

A partires destas reflexións, noméanse as seguintes NECESIDADES:
· Equipamentos e espazos libres que atendan a todas as franxas de idade, (especialmente a aquelas habitualmente mais esquecidas, como son os adolescentes e a mediana idade).
· Unha gran necesidade de áreas de centralidade onde situar os espazos de lecer, equipamentos e as zonas verdes demandadas, de xeito que se poidan xuntar un bo número de persoas ao redor do mesmo espazo.
· Procura de convenios e programas conxuntos co Consorcio das Mariñas, para poder contar así con grandes equipamentos, así como unha accesibilidade sostible aos mesmos.
· Espazo de xogo cuberto e calefactado.
· Mellora da mobilidade sostible, por medio da potenciación de rutas e camiños seguros e ciclables; mellora do transporte público; mellora da visibilidade e seguridade das vías para peóns e ciclistas, etc.
· Mellora da conexión con outros concellos veciños.

No seguinte enlace atoparedes o documento da presentación; soamente tedes que acceder á seguinte dirección:
https://drive.google.com/file/d/0B9u4mGJSSzx9NUxVa3loOWM4dUU/view?usp=sharing



Comezan as presentacións parroquiais Bergondo Participa

A partir de mañá, mércores 22 de abril, ata o próximo día 4 de maio terán lugar as diferentes presentacións parroquiais do proceso de participación Bergondo Participa no Concello de Bergondo.

Nestas breves presentacións, o equipo técnico do proxecto achegará a cada unha das parroquias toda a información precisa para a participación na elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Bergondo.

A continuación atoparedes o calendario completo das presentacións, que tamén podedes descargar no arquivo adxunto.

Parroquia de Cortiñán - Mércores 22 de abril, de 19:30 a 21:00, no Centro Social de Cortiñán.
Parroquia de Ouces - Xoves 23 de abril, de 19:30 a 21:00, no Centro Social en Cangas.
Parroquia de Vixoi - Venres 24 de abril, de 19:30 a 21:00, no Centro Social de Vixoi.
Parroquias de Santa Marta de Babío e Rois - Luns 27 de abril, de 19:30 a 21:00, no Centro Social en Santa Marta.
Parroquia de Moruxo - Martes 28 de abril, de 19:30 a 21:00, no Centro Social en Fiobre.
Parroquia de Bergondo - Mércores 29 de abril, de 19:30 a 21:00, na Casa da Cultura.
Parroquia de Guísamo - Xoves 30 de abril, de 19:30 a 21:00, no Centro Social en Guísamo.
Parroquia de Lubre - Luns 4 de maio, de 19:30 a 21:00, no Centro Social na Rúa da Lama.

Cartel BergondoParticipa A3Cartel BergondoParticipa A4



Comeza Bergondo Participa, un proceso de participación veciñal dirixido á elaboración do PXOM de Bergondo

O próximo luns 16 de marzo, no Centro Cultural A Senra, terá lugar a presentación e comezo oficial dun proxecto que busca dar a coñecer e implicar á veciñanza de Bergondo na definición do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Bergondo, 11 de marzo de 2015.- Bergondo Participa é a denominación escollida para o proxecto de participación veciñal que dará comezo o próximo luns 16 de marzo ás 19:30 no Centro Cultural da Senra, nun acto aberto a toda a veciñanza interesada polo futuro do seu territorio. No mesmo, contarase coa presencia de Alejandra Pérez Márquez, Alcaldesa de Bergondo e de Roberto Chao Gavilán, Arquitecto Municipal, que presentarán o proxecto xunto co equipo de urbanistas e persoal técnico a cargo da elaboración do PXOM e do desenvolvemento do proxecto.

Este acto preséntase como unha boa oportunidade para a participación activa de toda a veciñanza interesada, creando un espazo no que poderán informarse acerca dos traballos a realizar, e mesmo consultar as súas dúbidas ao equipo redactor do Plan.

O equipo encargado da elaboración do mesmo, formado por JORNET LLOP PASTOR Arquitectes, María Ríos Carballeira e Gabriel Jubete i Andreu, xunto co equipo multidisciplinar que colaborará no proceso de participación pública, acumula unha ampla experiencia no ámbito do planeamento urbanístico, sempre incorporando ao seu traballo unha innovadora metodoloxía de participación.

Na súa presentación, ademais de revisar cal é a situación de partida en materia urbanística do Concello de Bergondo, explicarán as distintas ferramentas de participación postas a disposición de veciños e veciñas, deseñadas co obxectivo de recoller as súas achegas en relación a mellora e ordenación do territorio.

Con este obxectivo en mente, o Concello pretende que a cidadanía sexa unha parte activa na elaboración de documentos fundamentais para a evolución do seu territorio.

De este xeito, tanto a través de presentacións nas diferentes parroquias, como enviando dúbidas e propostas á dirección de correo info@bergondoparticipa.es , ou ben por medio da páxina web www.bergondoparticipa.es e as redes sociais (Facebook e Twitter) postas en marcha, o equipo técnico será quen de recibir e avaliar as achegas da veciñanza, ao mesmo tempo que poderá ir informando dos avances na redacción do Plan.




Contacto

Contacta

Con este formulario, a través de presentacións nas diferentes parroquias, ou enviando dúbidas e propostas á dirección de correo info@bergondoparticipa.es e as redes sociais (Facebook e Twitter) postas en marcha, o equipo técnico será quen de recibir e avaliar as achegas da veciñanza, ao mesmo tempo que poderá ir informando dos avances na redacción do Plan.