Novas

Nova rolda de presentacións do proceso de elaboración do PXOM

A elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) entra nunha nova etapa, na que a participación cidadá cobrará unha maior importancia. Por ese motivo dende o equipo coordinador do Plan convidamos a toda a veciñanza a unha rolda de presentacións, nas que se presentará o traballo realizado durante o último ano.

Estas presentacións tamén terán como obxectivo aumentar a participación nas parroquias, fomentando a implicación da veciñanza na Comisión Territorial de Seguimento do PXOM.

As presentacións terán lugar nos diferentes locais sociais das parroquias, ás 19:00h. segundo o seguinte calendario:
- Centro social de Lubre: Luns, 4 de xullo, ás 19:00
- Centro social de Cangas: Mércores, 6 de xullo, ás 19:00h.
- Casa da cultura (Bergondo): Xoves, 7 de xullo, ás 19:00h.
- Centro social de Guísamo: Venres, 8 de xullo, ás 19:00h.
- Centro social de Vixoi: Luns 11 de xullo, ás 19:00h.
- Centro social de Santa Marta de Babío: Mércores, 13 de xullo, ás 19:00h.
- Centro social de Cortiñán: Xoves, 14 de xullo, ás 19:00h.
- Centro social de Fiobre: Venres, 15 de xullo, ás 19:00h.

Unha vez rematada esta rolda de presentacións, o día 18 de xullo, tamén ás 19:00h., no edificio da Senra, terá lugar unha segunda asamblea na que o equipo redactor do Plan fará unha exposición detallada do traballo feito ata o momento.

Convite ás presentacións Xullo 2016




Contacto

Contacta

Con este formulario, a través de presentacións nas diferentes parroquias, ou enviando dúbidas e propostas á dirección de correo info@bergondoparticipa.es e as redes sociais (Facebook e Twitter) postas en marcha, o equipo técnico será quen de recibir e avaliar as achegas da veciñanza, ao mesmo tempo que poderá ir informando dos avances na redacción do Plan.