Novas

Celebrada a primeira reunión da Comisión Territorial "Bergondo Participa"

O 14 de decembro do pasado ano tivo lugar a primeira reunión da Comisión Territorial de Seguimento do proceso de elaboración do PXOM de Bergondo. A continuación deixámosvos un resumo das principais achegas:

ACTA DA COMISIÓN TERRITORIAL 14.12.2015

7 asistentes, en representación veciñal das parroquias de Bergondo, Guísamo, Lubre, Moruxo e Vixoi.

Presentamos a continuación a relación das REFLEXIÓNS xurdidas durante o desenvolvemento da sesión:
· Existen moitos espazos de xogo infantil e áreas “biosaludables” ao longo do territorio do Concello; avalíanse como algo positivo para unha gran parte da poboación, pola súa dispersión no territorio e consecuentemente pola facilidade de acceso prescindindo de vehículo privado.
· Como punto negativo, obsérvase a falta de masa crítica para o seu uso, o que deriva en espazos que na maior parte de do tempo non son usados.
· Conscientes da dispersión do tecido residencial e da necesidade de relacionarse e complementarse con outros concellos veciños na distribución e uso de grandes equipamentos e áreas de lecer.

A partires destas reflexións, noméanse as seguintes NECESIDADES:
· Equipamentos e espazos libres que atendan a todas as franxas de idade, (especialmente a aquelas habitualmente mais esquecidas, como son os adolescentes e a mediana idade).
· Unha gran necesidade de áreas de centralidade onde situar os espazos de lecer, equipamentos e as zonas verdes demandadas, de xeito que se poidan xuntar un bo número de persoas ao redor do mesmo espazo.
· Procura de convenios e programas conxuntos co Consorcio das Mariñas, para poder contar así con grandes equipamentos, así como unha accesibilidade sostible aos mesmos.
· Espazo de xogo cuberto e calefactado.
· Mellora da mobilidade sostible, por medio da potenciación de rutas e camiños seguros e ciclables; mellora do transporte público; mellora da visibilidade e seguridade das vías para peóns e ciclistas, etc.
· Mellora da conexión con outros concellos veciños.

No seguinte enlace atoparedes o documento da presentación; soamente tedes que acceder á seguinte dirección:
https://drive.google.com/file/d/0B9u4mGJSSzx9NUxVa3loOWM4dUU/view?usp=sharing




Contacto

Contacta

Con este formulario, a través de presentacións nas diferentes parroquias, ou enviando dúbidas e propostas á dirección de correo info@bergondoparticipa.es e as redes sociais (Facebook e Twitter) postas en marcha, o equipo técnico será quen de recibir e avaliar as achegas da veciñanza, ao mesmo tempo que poderá ir informando dos avances na redacción do Plan.